saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 25 de novembro de 2022

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 25 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 43491 (11/PNC-003825)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Suárez Sarmiento, María Elena e 7 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia á Dirección Xeral da Costa e o Mar e ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para que autoricen o proxecto de renovación da rede de colectores de augas residuais entre Vilanova de Arousa e a estación depuradora de augas residuais de Tragove

BOPG n.º 410, do 16.11.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande á Dirección Xeral da Costas e o Mar do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a rectificación dos criterios de valoración aplicados no proxecto de renovación da rede de colectores de augas residuais entre Vilanova de Arousa e a EDAR de Tragove e autorice a execución dos traballos."

​​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina