saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 26 de abril de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 26 de abril de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 19 de abril de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Debate do ditame e das propostas de resolución, aprobados na reunión da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas en relación cos informes de fiscalización do sector público de Galicia, contidos na Memoria de actividades do Consello de Contas de 2020 (Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2019) (doc. núm. 22167, 11/ICON-000003)
 
Punto 2. Texto lexislativo
 
Debate de totalidade do Proxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga (doc. núm. 32399, 11/PL-000013)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 295, do 22.03.2022
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 308, do 18.04.2022
 
Punto 3. Comparecencia
 
33837 (11/CPP-000083) 
Do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, por petición propia, para informar sobre a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia ata 2027
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 33472 (11/MOC-000094)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da transferencia do ingreso mínimo vital (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 32330, publicada no BOPG núm. 296, do 23 de marzo de 2022, e debatida na sesión plenaria do 4 de abril de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 306, do 12.04.2022
 
4.2 33475 (11/MOC-000095)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre a situación do sector pesqueiro (Moción a
consecuencia da Interpelación doc. núm. 32289, publicada no BOPG núm. 296, do 23 de marzo de 2022, e debatida na sesión plenaria do 4 de abril de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 306, do 12.04.2022
 
4.3 33607 (11/MOC-000096)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a política da Xunta de Galicia para mitigar a incidencia, nos fogares con menos recursos económicos, dos gastos de vivenda como consecuencia da guerra de Ucraína (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 31861, publicada no BOPG núm. 292, do 16 de marzo de 2022, e debatida na sesión plenaria do 4 de abril de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 306, do 12.04.2022
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 28510 (11/PNP-002499)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España
para que inicie o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar e os adapte ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
 
5.2 32694 (11/PNP-002845)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en materia de política económica diante do novo escenario macro e microeconómico para adecuar o Plan estratéxico de Galicia 2022-2030 á situación económica xerada como consecuencia da guerra de Ucraína
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 300, do 30.03.2022
 
5.3 32845 (11/PNP-002861)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 9 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da inclusión na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 da conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e da construción dunha nova subestación no polígono de Balaidos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 300, do 30.03.2022
 
5.4 33244 (11/PNP-002908)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Francisco Rivera, Juan Carlos
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para destinar o 50 % do recadado polo imposto de hidrocarburos que lle transfire o Estado para subvencionar o gasóleo ás empresas galegas de transporte por estrada de pasaxeiros e mercadorías
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 303, do 05.04.2022
 
5.5 33613 (11/PNP-002943)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para desenvolver un plan de medidas de resposta á crise e de modernización e desenvolvemento de Galicia
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 306, do 12.04.2022
 
5.6 33626 (11/PNP-002946)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a realización dunha auditoría externa sobre os contratos negociados sen publicidade realizados pola vía de urxencia pola Consellería de Sanidade coa empresa Proyectos Hospitalarios Internacional, S. A.
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 306, do 12.04.2022
 
Punto 6. Interpelacións

 
6.1 30337 (11/INT-001500)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 2 máis
Sobre a propiedade veciñal dos montes en man común
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
6.2 31585 (11/INT-001568)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego respecto da dinamización da lectura
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 09.03.2022
 
6.3 33350 (11/INT-001686)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre a cobertura das baixas do persoal docente
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 306, do 12.04.2022
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia

 
7.1 33833 (11/POPX-000065)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas fiscais previstas polo Goberno galego para facer fronte á situación actual
 
7.2 33834 (11/POPX-000066)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a valoración do nivel da inflación en Galicia en relación coa media do Estado
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 31312 (11/POP-004623)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 4 máis
Sobre o soterramento parcial da avenida Otero Pedrayo de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 09.03.2022

8.2 32300 (11/POP-004710)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e Ríos Santomé, Paulo
Sobre as medidas previstas para recuperar a liña e os horarios do servizo de transporte de viaxeiros por carretera XG80412 Santiago-Negreira
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
8.3 33808 (11/PUP-000250)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre a valoración do Goberno galego respecto das solucións para os problemas de abastecemento de auga no sur da provincia de Pontevedra recollidas no estudo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil no documento "Estudo de alternativas e documento ambiental para a mellora do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra"
 
8.4 33023 (11/POP-004811)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
Sobre a avaliación detallada da campaña do bono cultural lanzada en 2021
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 303, do 05.04.2022
 
8.5 33079 (11/POP-004818)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as previsións do Goberno galego respecto das obras de reparación do instituto de ensino secundario Alfredo Brañas, de Carballo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 303, do 05.04.2022
 
8.6 30398 (11/POP-004520)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación co desenvolvemento do Plan de infraestruturas sanitarias de Atención Primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 

8.7 33831 (11/PUP-000252)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre os prazos previstos pola Xunta de Galicia para a recuperación do sistema sanitario público de Galicia
 
8.8 26893 (11/POP-003841)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a finalidade das axudas para investimentos en pequenas e medianas industrias de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura e o orzamento destinado para o ano 2022
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
 
8.9 33803 (11/PUP-000249)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a opinión da Xunta de Galicia respecto da posibilidade de trasladar a sede nacional do Instituto Español de Oceanografía e de dividila entre Cantabria e Murcia
 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2022
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina