saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia prevista para o 19 de novembro (Ordinario)


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 19 de novembro de 2019, ao remate da sesión plenaria específica prevista nesa mesma data, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de novembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Texto lexislativo
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Mixto, de modificación da escala de gravame do imposto autonómico do patrimonio (doc. núm. 56459, 10/PPL-000042)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 540, do 02.10.2019
 
Punto 2. Comparecencia
 
2.1 58732 (10/CPP-000114)
Do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por petición propia, para informar sobre o desenvolvemento en Galicia das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 58883 (10/MOC-000165)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa situación laboral en Galicia (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 54440, publicada no BOPG n.º 524, do 04.09.2019, e debatida na sesión plenaria do 12.11.2019)
 
3.2 58891 (10/MOC-000166)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa
Sobre as accións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa   protección da capacidade económica das persoas menores e vítimas de violencia de xénero  (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 57782, publicada no BOPG n.º 552, do 23.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 12.11.2019)

Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 44404 (10/PNP-003312)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Chao Pérez, Luca e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa introdución da educación afectivo-sexual no ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
4.2 55696 (10/PNP-004121)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa obtención de fondos comunitarios para o proxecto de dragaxe e rexeneración da ría do Burgo, así como as actuacións que debe levar a cabo para a súa execución
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 538, do 27.09.2019
 
4.3 56091 (10/PNP-004146)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en materia de vivenda
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 538, do 27.09.2019
 
4.4 57039 (10/PNP-004215)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación e futuro do estaleiro Barreras, de Vigo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 
4.5 57248 (10/PNP-004237)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coa violencia sexual
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 
4.6 57733 (10/PNP-004287)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co envío de representación deportiva a eventos que se organicen en países que lles denegan ás mulleres calquera dos dereitos recoñecidos na Declaración universal dos dereitos humanos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 551, do 22.10.2019
 
4.7 57969 (10/PNP-004314)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a implantación dun catálogo de servizos hospitalarios mínimos en todos os hospitais de Galicia, así como para evitar a perda de máis profesionais e de recursos materiais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
4.8 58344 (10/PNP-004346)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Míguez, María Ángeles e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa trata de seres humanos con fins de explotación sexual e a loita contra a violencia de xénero, así como as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 557, do 06.11.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 56678 (10/INT-001907)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa pobreza e a exclusión social
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
5.2 57403 (10/INT-001949)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Santos Queiruga, Carmen e 4 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación dos xulgados de violencia contra a muller
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 
5.3 57774 (10/INT-001972)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa atención á diversidade do alumnado nos centros docentes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 23.10.2019
 
5.4 58055 (10/INT-001988)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a política do Goberno galego en relación coa extracción de berberecho nas rías de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 58748 (10/POPX-000174)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre o prazo previsto pola Xunta de Galicia para o cumprimento íntegro da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
 
6.2 58750 (10/POPX-000176)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre o papel que lles vai outorgar o Goberno galego aos servizos públicos en Galicia nos meses que quedan de lexislatura
 
6.3 58752 (10/POPX-000177)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón
sobre as medidas que vai adoptar para combater a precariedade e a desigualdade que padecen as mulleres no emprego e no traballo
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 54158 (10/POP-006445)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Antón Vilasánchez, María Ángeles e 6 máis
Sobre as liñas mestras que está a implementar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a formación dos corpos docentes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.2 58730 (10/PUP-000278)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da atención que se está a dar ás demandas de reparación, ampliación e mellora, así como de equipamento didáctico, presentadas polo Conservatorio Superior de Música de Vigo
 
7.3 58728 (10/PUP-000277)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en relación coas direccións do Centro Galego de Artes da Imaxe e do Centro Coreográfico Galego
 
7.4 56756 (10/POP-006720)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre as modificacións aprobadas pola Consellería de Sanidade no calendario vacinal de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
7.5 57713 (10/POP-006842)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Vázquez Verao, Paula
Sobre o data prevista polo Sergas para o remate da guía que unifique os protocolos de abordaxe dunha morte xestacional ou perinatal nos hospitais galegos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 23.10.2019
 
7.6 58174 (10/POP-006900)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Solla Fernández, Eva e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
Sobre o número de traballadores e traballadoras das diferentes categorías que vai ter por quenda e no cómputo global o novo servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 557, do 06.11.2019
 
7.7 58722 (10/PUP-000276)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón
Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para garantirlle unha alternativa habitacional a unha familia residente en Vigo que pode ser desafiuzada do seu domicilio nos vindeiros días por non poder afrontar o pagamento do seu alugueiro cos ingresos da Risga
 
7.8 56256 (10/POP-006653)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre a valoración da consellaría respecto do posible impacto do acordo da Unión Europea con Mercosur para o medio rural de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 540, do 02.10.2019 
 
7.9 57843 (10/POP-006870)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilar Chento, Óscar e Pérez Seco, José Manuel
Sobre as causas do avance que rexistran os procesos de concentración parcelaria na X lexislatura
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
7.10 54924 (10/POP-006511)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre o balance que fai o Goberno galego da xestión do xurelo ao longo de 2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 528, do 11.09.2019

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
 
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 
 
 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina